Arxil e Celta poñen en xogo a súa condición de equipos invictos na Liga Feminina 2
Por Redacción
Derbi en todo o alto da Liga Feminina 2 o que protagonizarán este sábado (19:30 horas) o Club Baloncesto Arxil e o Celta de Vigo no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Ambos os equipos chegan á terceira xornada da competición como colíderes e sen coñecer a derrota, cun inicio esperanzador que queren confirmar no duelo de rivalidade para empezar a soñar en obxectivos ambiciosos.
Arxil e Celta medíronse en pretempoda en partido correpondiente á Copa Galicia, con vitoria viguesa (70-77), pero esa cita non serve de gran referencia debido ás ausencias daquel día en ambos os conxuntos, xa que as verdes non contaban con Ana Martín e María Centeno por lesión nin tampouco coa súa fichaxe chamada a marcar diferenzas, Tatiana Mosquera. No Celta pola súa banda non estaban a nixeriana Sarah Ogoke e a malí Minata Keita.
Precisamente defender a Keita, unha das xogadoras máis determinantes da liga a pasada campaña no Arxil, é unha das principais preocupacións para Mayte Méndez, que co regreso de María Centeno non deberá preocuparse da enfermería.
O club pontevedrés espera que se viva un gran ambiente nas bancadas do CGTD, con presenza de afeccionados celtistas, polo que fixo un chamamento aos seus seguidores para que tamén acudan ao pavillón e que se poida vivir unha auténtica festa do baloncesto provincial.
Relacionadas:
-
O Arxil paga cunha contundente derrota o seu mal segundo cuarto fronte o Celta (53-72)
Por Redacción |
-
O Arxil presume do nivel da súa canteira
Por Redacción |
-
O Arxil confirma o seu bo inicio de liga vencendo en Oviedo (47-79)
Por Redacción |
-
Vence e convence o Arxil na súa estrea ligueira ante o Segle XXI (68-46)
Por Redacción |