O Mundial de taekwondo freestyle, un pouco máis preto para Marcos Silva
Por Redacción
É o seu gran obxectivo da tempada e cada vez está máis preto, pero aínda falta camiño por percorrer.
Marcos Silva logrou a medalla de bronce no Open de Valencia de Técnica e Freestyle, proba puntuable para o ránking de clasificación mundialista nestas modalidades de taekwondo.
O deportista pontevedrés do Mace Sport suma así un importante punto, a pesar de quedar fóra da final na competición valenciana.
Para tentar estar no próximo Campionato do Mundo, Silva deberá lograr un bo resultado no próximo Campionato de España e tamén acudir a algún outro torneo open que lle outorgue os puntos necesarios.
Relacionadas:
-
Febre polo taekwondo no Pavillón Municipal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Torneo Cidade de Pontevedra de Taekwondo regresa ao Municipal
Por Diego Espiño |
-
O Suh Sport exhibe o seu bo nivel no Open Internacional de Ourense de taekwondo
Por Redacción |
-
Arlet Ortiz faise co ouro no Open de Polonia de taekwondo
Por Redacción |
-
Ao Mace Sport de taekwondo vaille o negro
Por Redacción |