Ao Leis resísteselle a vitoria na Segunda División B
Por Redacción
Despois de tres xornadas de competición na Segunda División B masculina de fútbol sala, o Leis Pontevedra segue sen coñecer a vitoria.
Os pontevedreses non puideron pasar do empate (3-3) no Municipal ante o Santiago de Rama e vense condenados polo momento á zona baixa da táboa con 2 puntos.
Os de Manu Cossío saltaron con intensidade á pista levando a iniciativa ata que, aos 4 minutos, o cadro visitante apostaba polo porteiro-xogador para cambiar a dinámica. Así adiantaríanse primeiro o Santiago, pero Barcala igualaría antes do descanso.
Coa mesma dinámica desenvolveuse o segundo tempo, pero nesta ocasión foi o Leis o que tomou por dúas veces a dianteira, a última a falta só de dous minutos e medio para o final, aínda que non foi capaz de aguantar a vantaxe cedendo finalmente o empate.
O equipo pontevedrés terá pronto a oportunidade de desquitarse, xa que o xoves 12 de outubro visitará a pista dun equipo que se perfila como rival directo esta tempada, o Xove.
COLIDERATO NA AUTONÓMICA FEMININA
A pesar do seu empate ante o Ourense B (3-3), o Leis segue nos postos altos da Primeira Autonómica feminina, sendo colíder da competición xunto ao Fervenza B.