Unha fin de semana costa abaixo en Marcón
Por Redacción & Diego Torrado
A estrada de Pintos acolleu durante a fin a primeira edición do Campionato de España de Deportes de Inercia.
Desde o polígono do Campiño, os pilotos de carrilanas e vehículos sen motor afrontaron dúas baixadas cronometradas durante a mañá deste domingo.
Os afeccionados destas probas gozaron da súa espectacularidade, como o fixeron durante a tarde do sábado coa xornada de adestramentos.
O circuíto deseñado en Marcón constaba de 2,2 quilómetros de percorrido con zonas técnicas e importantes pendentes que puxeron a proba a pericia dos participantes.