Triste empate entre Arosa e Ribadumia mentres Céltiga e Villalonga sacan proveito do mal momento de Laracha e Negreira
Por Redacción
Puido gañar calquera e ao final o empate, que posiblemente sexa o máis xusto, non gustou a ningún. Arosa e Ribadumia non saen da zona baixa despois do partido disputado na Lomba no que cada equipo mandou nun período.
A primeira parte foi de control do equipo local, aínda que sen crear moitas ocasións, cunha bancada que a medida que pasaban os minutos daba claras mostras de desaprobación e desgusto co xogo dos seus e co deficiente comezo de liga que están a protagonizar os de Jorge Otero.
Na segunda o Ribadumia conseguiu liberarse dese dominio territorial e aos poucos foi pisando con máis decisión o campo contrario, con dúas moi boas oportunidades para levar a vitoria, especialmente una de Fran Fandiño que sacou Lloves nunha excelente intervención.
Terminaría en inferioridade o conxunto arlequinado, ao ser expulsado por dobre amarela Rivas, pero sen apenas tempo para que os visitantes puidesen sacar proveito.
Consulta o acta do partido Arosa-Ribadumia nesta ligazón.
Con adestrador novo, aínda que neste caso sexa un retorno, o Céltiga conseguiu romper a súa mala xeira de resultados que lle levaban a encaixar cinco derrotas consecutivas. Fíxoo aproveitando a visita ao Salvador Otero dun Laracha que tampouco atravesa un bo momento, acumulando igualmente con esta cinco xornadas sen gañar.
Iso si, os branquivermellos sufriron e só na recta final conseguiron desnivelar a balanza con dous goles de Uru en apenas tres minutos (minuto 80 e 83), que dan un respiro ao equipo insular.
Consulta o acta do partido Céltiga-Laracha nesta ligazón.
Non deixou pasar a oportunidade o Villalonga de regresar de Negreira cos tres puntos, aproveitando que os locais quedaron moi pronto cun xogador ao ser expulsado Esteban Capelo aos 21 minutos de partido.
Aarón Paredes mantén o seu idilio co gol esta tempada, sendo o encargado de abrir o marcador aos 30 minutos.
Pero os locais non se entregaron e pouco antes da hora de xogo conseguían empatar por medio de Astray, aínda que aos locais duraríalles pouco a alegría, xa que Adrián Padín facía o 2-1 definitivo catro minutos máis tarde ao transformar un penalti.
Consulta o acta do partido Negreira-Villalonga nesta ligazón.
Relacionadas:
-
Vitorias do Ribadumia sobre o Ourense, Arosa en Boiro e Céltiga en Barbadás e derrota do Villalonga en Redondela
Por Redacción |
-
Ceden en casa Villalonga e Celtiga, o Arosa logra a súa segunda vitoria e o Ribadumia arranca un punto
Por Redacción |
-
Remonta o Ribadumia, sorprende o Céltiga en Villalba, cae o Villalonga na casa e segue sen arrancar o Arosa
Por Redacción |
-
O Ribadumia gaña o derbi da necesidade ao Céltiga mentres caen Villalonga e Arosa
Por Redacción |
-
Primeiro triunfo do Arosa, gaña tamén o Villalonga e caen goleados Céltiga e Ribadumia
Por Redacción |
-
Empates con distinto sabor para Villalonga, Arosa e Ribadumia e derrota do Céltiga en Redondela
Por Redacción |