E Campelo botou a correr co XXX Maratón de Fátima
Por Redacción & Diego Torrado
É unha parada ineludible no calendario deportivo anual de Poio, e como tal cumpriu este sábado coa súa cita en Campelo.
A XXX edición do Maratón de Fátima reuniu a deportistas de todas as idades para gozar dunha xornada de deporte popular.
Ademais das diferentes probas nenos de todas as idades, disputouse unha carreira absoluta de 6 quilómetros de percorrido.
Nela o máis rápido foi Amadeo Abal, que se proclamou vencedor cun tempo de 20 minutos e 6 segundos, cun minuto de marxe sobre os seus perseguidores.
Pola súa banda na categoría feminina impúxose Margarita Villaverde (27 minutos e 28 segundos).
Consulta aquí a clasificación completa do XXX Maratón de Fátima.