Recoñecemento nacional a Luisa Domínguez, adestradora de natación do CGTD
Por Diego Espiño
O duro traballo que leva a cabo no equipo de alto rendemento en natación con base no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra non pasou desapercibido para a Asociación Española de Técnicos de Natación (AETN).
Esta asociación decidiu outorgar a Luisa Domínguez, preparadora do CGTD e habitual nas concentracións do equipo nacional, o Trofeo 'José Luis Hoys' ao mellor adestrador do ano a nivel nacional nas categorías de idades.
O premio, correspondente á tempada recentemente finalizada, tivo en conta os resultados en competicións nacionais e internacionais dos nadadores ao seu cargo, destacando as tres medallas de prata europeas e os dous bronces mundialistas en categoría junior logrados por Águeda Cons.
"Es un orgullo, porque hay muchos técnicos muy buenos en España", recoñeceu a PontevedraViva Luisa Domínguez, para quen este recoñecemento é o reflexo do traballo "de muchas personas, empezando por los nadadores" e supón un reforzo á aposta pola natación no CGTD.
"Creo que en los cinco años que llevamos en el centro ha habido resultados fantásticos", incidiu Domínguez.
A adestradora do centro pontevedrés compartirá honras con Frédéric Vergnoux, adestrador de Mireia Belmonte considerado como o mellor do ano na categoría absoluta. Ademais serán recoñecidos Sònia Pineda por un artigo sobre natación e María Dolors Jané pola súa traxectoria.
Os premios serán entregados a próxima fin de semana no congreso internacional de técnicos de natación organizado pola AETN e que terán lugar no Centro de Alto Rendemento de San Cugat, en Barcelona.
Relacionadas:
-
Reto europeo para Águeda Cons en Copenhague
Por Redacción |
-
Águeda Cons, incluída no programa nacional de bolsas Podium
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons pon rumbo a Xapón
Por Redacción |
-
Inicio de curso para as promesas do deporte galego
Por Diego Espiño |
-
Segundo bronce de Águeda Cons para pechar con nota o Mundial Junior de natación
Por Diego Espiño |
-
Bronce! Águeda Cons logra no 800 libre a súa primeira medalla no Mundial Junior de natación
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Cálido recibimento a Águeda Cons tras as súas tres medallas no Europeo Junior de natación
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |