Unha festa do baloncesto galego para goce da afección marinense
Por Redacción
A castigada afección marinense, co seu equipo condenado a xogar esta tempada na Liga EBA, poderá gozar polo menos dunha fin de semana do mellor baloncesto galego coa disputa da fase final da Copa Galicia.
Dous equipos da Liga LEB Ouro, como son o Breogán e o COB Ourense, e o Obradoiro da Liga ACB compoñen o cartel da competición, que se disputará no pavillón da Raña.
A actividade iniciarase o venres 22 de setembro (21:00 horas) coa semifinal que enfrontará a COB e Breogán. O vencedor gañará o dereito a pelexar polo título co que é, sobre o papel pola súa categoría, o mellor equipo de Galicia, o Obradoiro santiagués, nunha final que terá lugar o domingo 24 (18:00 horas).
Entre medias, o Peixe Galego completa o cartel da fin de semana deportiva cunha 'minicopa' en categoría alevín masculina, na que ademais do club local estarán presentes COB, Obradoiro, Xuven Cambados, Basquet Coruña e Estudiantes de Lugo e que se celebrará durante a xornada de sábado salvo a final, prevista para o domingo.
As entradas para presenciar no encontro, para público maior de 14 anos, teñen un custo de 5 euros para a semifinal e de 10 euros no caso da gran final.
Relacionadas:
-
A Copa Galicia de baloncesto, puro espectáculo na Raña
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Peixe Galego tramita a súa inscrición na Liga EBA
Por Diego Espiño |
-
O Consello Superior de Deportes rexeita o recurso do Peixe Galego, que queda fóra da LEB Prata
Por Diego Espiño |
-
Renuncia á Copa Galicia dun Peixe Galego que segue á espera do CSD
Por Redacción |