50 quilómetros de ruta para a cuarta edición de PonteAndar
Por Redacción
O Club Aromon Montañeiros Pontevedra A Roelo ultima os detalles para a que será a cuarta edición da andaina PonteAndar.
A proba, incluída na Copa Galega que impulsa a federación autonómica de montaña, celebrarase o vindeiro sábado 23 de setembro.
Esta andaina deportiva contará con 50 quilómetros de percorrido, con 12:00 horas para poder completala desde a saída prevista ás 9:00 horas no pavillón Multiusos da Xunqueira.
Desde alí os participantes poñeranse en marcha pola senda dereita do río Lérez, desviándose despois polos montes de Verducido ata chegar ao río Rons e despois ao encoro de Pontillón do Castro. Unha vez pasado este punto a ruta entrarán no Concello de Barro ata chegar á área da Barosa e pasar a Moraña para ascender o Monte Acibal antes de regresar a Pontevedra por Ponte Bora.
A organización tamén habilitou unha opción máis curta, de 30 quilómetros, con saída e chegada no mesmo lugar e co mesmo marxe de tempo para poder completala.