A 51 edición do Descenso do Sil, para a EP Ciudad de Pontevedra
Por Redacción
A Escuela de Piragüismo Ciiudad de Pontevedra pechou a tempada da mellor maneira posible, vencendo na 51 edición do Descenso do Sil.
Na competición, coa que se dá por pechada a Liga Galega 2017, congregou a máis de 400 deportistas de 37 clubs galegos.
O mellor deles foi o pontevedrés, que acumulou 884 puntos na clasificación xeral para superar por unha estreita marxe ao Fluvial de Lugo (879 puntos). Terceiro foi o Club de Mar Ría de Aldán (711 puntos).
A individual o primeiro K-2 clasificado en cruzar a liña de meta foi a composta por Julián Becerro e Miguel Fernández (Oviedo Kaiak/Os Rápidos). En K-1 o vencedor foi Jesús Rodríguez (Fluvial O Barco). Rubén Paz (Ría de Aldán) gañou o C-1 senior, mentres a primeira posición no K-1 feminino conseguiuna Laura Porto (Náutico de Miño). A medalla de ouro en K-2 a consiguiero Tania Fernández e Sara Ouzande (Fluvial de Lugo/Gauzon).