Barro homenaxea o seu veciño máis deportista
Por Redacción
O deporte afeccionado tamén ten importancia en Barro.
É por iso que o alcalde e o concelleiro de Deportes ofreceron unha recepción municipal ao atleta Julio César Constenla tras o seu bo papel no Campionato Galego de Medio Maratón.
Constenla, de 74 anos de idade, proclamouse en Ribeira campión autonómico veterano na súa categoría.
Coa recepción o Concello de Barro pretende recoñecer a traxectoria deste atleta afeccionado e sinalar o exemplo que representa para todas as persoas, nenos incluídos, que se inician no mundo do deporte.