Adrián Esperón e Patricia Martínez pasan ao profesionalismo
Por Redacción
Despois da súa recente participación no Campionato do Mundo de Baile Deportivo na modalida de Standard, celebrado na localidade chinesa de Chengdu, Adrián Esperón e Patricia Martínez decidiron dar un paso adiante nas súas carreiras.
A parella pontevedresa, 14 veces campións de España, decidiron dar o salto ao profesionalismo, pasando a competir a partir de agora na chamada División Profesional.
Nesta categoría dedicaranse ás dúas modalidades 'reinas' do baile deportivo, Standard e Latinos.
A súa estrea na División Profesional producirase a próxima fin de semana no Campionato do Mundo Standard desta categoría, que terá lugar coincidindo co Praga Open, na capital checa.
Nesta competición participarán as mellores parellas a nivel internacional, con preto de 800 inscritas entre as diferentes categorías.