A regata Rei Juan Carlos I contará con dous barcos da volta ao mundo a vela
Por Redacción
A Regata Rei Juan Carlos I terá este ano un atractivo especial, e é que nela participarán os dous barcos da volta ao mundo a vela que estas semanas teñen a súa base de adestramento en Sanxenxo.
Trátase do desafío español, o Mapfre, que conta coa súa base no porto pontevedrés, e o Dongfeng chinés. Ambos medirán as súas forzas como preparación para a esixente Volvo Ocean Race que arrinca en outubro en Alacante.
O Real Club Náutico de Sanxenxo organiza un ano máis esta regata, que contará con diferentes categorías.
As clases en competición, ademais dos barcos da Volvo Ocean Race, serán a Optimist; Vela Adaptada; Nauta Sanxenxo J80; os cruceiros de BMW ORC; Clásicos; e a Clase 6M, onde está confirmada a presenza do rei emérito, Juan Carlos I.
A cita arrancará o venres o vindeiro venres 8 de setembro coa disputa das primeiras probas para as clases BMW ORC e Movistar 6M. En canto aos barcos da volta ao Mundo, o Mapfre e o Dongfeng enfrontaranse o sábado en varias probas de formato 'match race', mentres o domingo completarán un percorrido costeiro entre Ons e Cíes.
"Será unha oportunidade magnífica porque non é fácil ter dous barcos desta categoría nunha regata nas nosas augas", recoñeceu na presentación da regata o presidente do Náutico de Sanxenxo, Pedro Campos.
Relacionadas:
-
A regata Rei Juan Carlos I enche de cor e deporte a ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Volta ao Mundo a Vela empeza en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Existosa estrea de Támara Echegoyen na vela oceánica a bordo do Mapfre
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, primeira regatista española en participar na Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
O novo barco do desafío español da Volvo Ocean Race pon rumbo á súa base de Sanxenxo
Por Redacción |