Recibimento municipal a Guillermo García, presente e futuro do ciclismo pontevedrés
Por Redacción
Foron meses de duro adestramento que finalmente tiveron resultado co seu título de Campión de España contrarreloxo na categoría junior.
Agora, o pontevedrés Guillermo García pensa xa no salto á categoría sub-23 e nos seus próximos retos, co obxectivo a medio prazo de cumprir o seu soño e chegar a ser profesional.
O ciclista do Bathco foi recibido este martes no Concello de Pontevedra polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, que lle felicitaron polo seu recente éxito.
Ambos, do mesmo xeito que o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, arrouparon a un corredor que se situou por méritos propios como unha das grandes promesas do ciclismo autonómico.
No recente nacional da súa categoría, celebrado en Valladolid, Guillermo García rozou tamén o podio na proba en ruta, ao xogarse o título nun reducido sprint de seis ciclistas e ser cuarto na liña de meta.
Relacionadas:
-
Un arrefriado pasa factura a Guillermo García na contrarreloxo do Mundial Junior de ciclismo
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Guillermo García, seleccionado para o Mundial junior de ciclismo
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Guillermo García, campión de España contrarreloxo en categoría junior
Por Diego Espiño |
-
Martín Bouzas e Guillermo García, nomes destacados do Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción |