Festa en Marcón e Campo Lameiro e repartición de puntos entre Beluso e Sanxenxo
Por Redacción
Día redondo para o Marcón Atlético, que conseguiu a súa primeira vitoria da tempada no seu primeiro partido como local ao superar ao Mondariz (2-1) nun emocionante encontro.
O choque incluíu a entrega ao equipo pontevedrés da copa que lle acredita como campión do seu grupo a pasada campaña na Primeira Rexional.
En canto ao partido, foi tremendamente igualado, con constantes alternativas, pero terminou por decantarse para o lado dos de Borja Burgos.
Gelillo, á media hora cun gran gol de falta, adiantou ao Marcón, pero pouco antes do descanso chegou a igualada do mondariz tras un penalti por man de Martín.
Na segunda metade víronse ocasións por ambos os bandos pero foron os locais os que máis o tentaron. Puideron levar ao triunfo cun novo tanto de Gelillo, pero foi anulado por un discutido fóra de xogo e non foi ata o minuto 85 cando chegou a alegría á bancada do Carrasco co 2-1, obra de Sapi.
Con este resultado o Marcón sitúase na décimo cuarta posición de Preferente con 3 puntos.
Consulta aquí a acta do Marcón Atlético-Mondariz.
Tamén foi día de festa no campo da Chanciña, en Campo Lameiro, no debut dos locais na categoría.
O equipo verde colocouse como sorprendente líder da competición con 6 puntos de 6 posibles, despois de superarna casa ao Moaña (1-0).
Nun choque moi disputado o gol de Santi Fontán aos 34 minutos de xogo resultou decisivo, cun Campo Lameiro que soubo despois conservar con éxito a súa vantaxe.
Consulta aquí a acta do Campo Lameiro-Moaña.
Conseguiu o seu primeiro triunfo da liga o Unión Grove nun entretido encontro no Monte da Vila ante o Gondomar (3-2).
O partido comezou tolo na primeira metade cun constante intercambio de golpes e de goles. Así os locais gañaban 2-0 aos 17 minutos cos tantos de Esperón e Diego Lorenzo, pero o Gondomar recuperouse para empatar antes do descanso.
Con táboas no marcador foron transcorrendo os minutos ata que a só 6 para o final Diego Lorenzo facía o seu segundo gol da tarde para deixar os tres puntos na casa e colocar ao Unión Grove na duodécima posición da táboa.
Consulta aquí a acta do Unión Grove-Gondomar.
Repartición de puntos no duelo entre Beluso e Xuventú Sanxenxo (1-1) nun choque no que os goles chegaron na primeira metade.
Adrián Freire adiantou aos amarelos aos 9 minutos de xogo, pero o Beluso conseguiu igualar no minuto 26 desde o punto de penalti. Pese ao intento por amos bandos, o marcador xa non se movería.
Co empate, tanto Beluso como Sanxenxo quedan con 4 puntos na quinta e sétima posición respectivamente.