O pontevedrés Guillermo García, campión de España contrarreloxo en categoría junior
Por Diego Espiño
É unha das grandes promesas do ciclismo pontevedrés e tamén galego, e volveuno a demostrar nos campionatos de España junior de ciclismo na estrada celebrados en Valladolid.
Guillermo García, actualmente nas filas do Bathco cántabro, proclamouse campión nacional contrarreloxo e fíxoo de maneira autoritaria.
O deportista pontevedrés foi o único dos participantes en completar os 15,8 quilómetros de percorrido por baixo da barreira dos 20 minutos (19:50), avantaxando en 27 segundos ao vasco Xabier Azparren e en 32 ao catalán Pau Miquel, segundo e terceiro respectivamente.
García confirmou os prognósticos que o situaban como favorito nunha xornada compliacada, marcada por un forte vento e a ameaza de choiva que non chegou a materializarse.
"Sabía que podía lograrlo, era un recorrido que me venía bien", recoñeceu tras a proba, satisfeito polo resultado, en declaracións á Real Federación Española de Ciclismo.
ROZANDO O PODIO NA PROBA EN RUTA
Tras o éxito do sábado, Guillermo García estivo a piques de repetir presenza no podio na proba en ruta celebrada este domingo, ao finalizar en cuarto lugar.
O pontevedrés estivo moi atento para coller a escapada boa a máis de 40 quilómetros do final, unha fuga que a pesar dos esforzos do pelotón tomou unha distancia que foron incapaces de neutralizar.
A meta chegaron seis ciclistas, que se xogaron o triunfo nun apertado sprint. O máis rápido e por tanto novo campión de España foi o leonés Ramón Díaz, seguido do cántabro Iván Cobo e o tambén leonés Mario Aparicio, que levaron a prata e o bronce respectivamente.
Relacionadas:
-
Un arrefriado pasa factura a Guillermo García na contrarreloxo do Mundial Junior de ciclismo
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Guillermo García, seleccionado para o Mundial junior de ciclismo
Por Diego Espiño |
-
Recibimento municipal a Guillermo García, presente e futuro do ciclismo pontevedrés
Por Redacción |
-
Martín Bouzas e Guillermo García, nomes destacados do Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción |
-
O pontevedrés Guillermo García asina un podio no Circuíto do Guadiana Junior
Por Redacción |