A Xuntanza BTT Ruta dos Miradoiros chega á súa terceira edición
Por Redacción
Por terceiro ano consecutivo a Comunidade de Montes Rega dos Agros de Combarro e Os Bicivoadores organizan a Xuntanza BTT Ruta dos Miradoiros.
Co obxectivo de superar o medio milleiro de participantes das anteriores edicións, a proba disputarase o próximo domingo 27 de agosto.
Serán 40 quilómetros de percorrido pola zona do Monte Castrove, percorrendo varios puntos con visión privilexiada das rías de Pontevedra e Arousa, desde a saída que se dará á primeira hora da mañá desde a Rúa Maceira de Combarro.
A proba non é competitiva e tampouco federada, polo que o mínimo custo de inscrición (3 euros) destínase ao seguro individual de cada deportista.
A organización cualifica a dificultade da ruta como "media-alta".
Paralelamenta á quedada deportiva, poñerase en marcha unha recollida solidaria de alimentos, que serán entregados aos servizos sociais do Concello de Poio.