Sito Alonso, adestrador do Barcelona, convidado de luxo ao Clinic de Árbitros de Baloncesto de Marín
Por Redacción
Por terceiro ano consecutivo Marín acollerá o Clinic de Árbitros da Federación Galega de Baloncesto, que se celebrará os días 2 e 3 de setembro no colexio San Narciso.
Entre os oradores convidados destaca a presenza do actual adestrador da sección de baloncesto do Fútbol Club Barcelona, Sito Alonso, que aproveitará a súa presenza na pronvincia para disputar co seu equipo o Memorial Quino Salvo ante o Obradoiro para achegase a Marín.
A súa charla, prevista para as 20:30 horas do sábado, non estará só limitada aos inscritos no Clinic de Árbitros, polo que poderán acudir todos os afeccionados ao mundo do baloncesto que así o desexen.
Esta é unha das actividades contempadas no convenio de colaboración asinado no seu momento polo Concello de Marín, Club Peixefresco e Federación Galega para a promoción do deporte da canastra na vila.
Á presentación das xornadas acudiron, ademais do concelleiro de Deportes Antonio Traba, o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, e a director da área arbitral da federación autonómica, Miguel Ángel Pérez, ex-árbitro internacional.