O mal estado da pista obriga a cambiar o pavimento sintético do Pavillón dos Deportes
Por Redacción
Nas próximas semanas levarase a cabo o cambio do pavimento sintético do Pavillón de Deportes de Pontevedra. O actual atópase en mal estado. Este luns aprobábase na xunta de goberno a contratación por vía de urxencia do novo material para a pista deportiva por valor de 41.884 euros.
A portavoz do goberno, Carme da Silva, afirmaba que os técnicos estudaron varios alternativas pero finalmente decidiron a instalación dunha área elástica de madeira portable.
Esta proposta era viable economicamente e ademais cumpre cos requisitos que esixe a liga Asobal para as retransmisións por televisión.
Segundo Da Silva, os traballos de instalación realizaranse durante as próximas semanas sen que afecte as competicións deportivas.