Pingüín Uno, Acali e A Meca vencen na Regata das Illas Atlánticas
Por Redacción
No medio dunhas grandes condicións meteorolóxicas e de navegación celebrouse durante toda a fin de semana a X Retaga das Illas Atlánticas para barcos clásicos e de época.
Durante a primeira xornada os particioantes afrontaron unha etapa de 16 millas desde o Club Náutico de San Vicente do Mar, no Grove, ata a Illa de Ons e volta.
Pola súa banda o domingo a ruta establecida pola organización do Club Náutico foi unha travesía de 8 millas con saída e chegada no porto de Pedras Negras.
Sumadas as dúas xornadas o Pingüino Uno (German Frers, Carlos Romero, CM Canido) levou o triunfo na Clase Ons, o Acali (S.S32, Santiago Tomé, RCN Portosín) fíxoo na Clase Sálvora e A Meca (Dorna Xeiteira, Jose Manuel Triñanes, Amigos Dorna Meca) na Clase Cíes.
A X Regata dás Illas Atlánticas concluíu coa entrega de premios, á que acudiero a Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, e o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos.
Relacionadas:
-
Juan Carlos I renuncia a participar na Regata das Illas Atlánticas polos atentados de Cataluña
Por Redacción | Creada e actualizada