Retorno á competición para o Froiz na Vuelta a Ávila
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz retoma a competición nas categorías elite e sub-23 participando durante a fin de semana na XLIV Vuelta Ciclista a Ávila, que supón o inicio da recta final da tempada.
A rolda por etapas, que homenaxea ao ex-ciclista Julio Jiménez, conta con dúas xornadas deixando atrás o tradicional circuíto pola muralla da localidade abulense.
A primeira etapa, con 139 quilómetros entre Navalacruz e Navarrevisca, ten tres ascensións puntuables. Pola súa banda a segunda e última xornada contará con 117 quilómetros de percorrido con saída e chegada na localidade del Tiemblo con dous portos de primeira categoría.
O equipo do Froiz en Ávila estará formado por: Pedro Merino, Miguel Gómez, Martín Lestido, Antonio Portela, David González, Alejandro Regueiro e Jesús Merino.
Relacionadas:
-
O Froiz roza o triunfo final na Vuelta a Ávila
Por Redacción |
-
Novena praza para Alejandro Regueiro na sexta edición do Circuíto da Curia de ciclismo
Por Redacción |
-
Francisco Javier Iglesias (Super Froiz), campión galego de ciclismo na categoría master-40
Por Redacción |
-
David González, do Super Froiz, acada a terceira posición na última etapa da Volta a León
Por Redacción |
-
Leonel Coutinho estrea o palmarés do Gran Premio Cidade de Pontevedra
Por Redacción |