O Teucro perde en Braga no seu terceiro amigable da pretempada
Por Redacción
Segunda derrota da pretemporada para o Condes de Albarei Teucro, que segue en fase de adaptación coa vista posta no seu regreso á Liga Asobal.
Os azuis cederon este mércores na cancha do ABC Braga portugués (32-25) nun partido que se decantou na segunda metade e que serviu a Quique Domínguez para seguir ultimando detalles nos esquemas do equipo.
Ata agora o Teucro sumou un triunfo ante o Xico Andebol (39-25) e outra derrota ante o Aguas Santas (26-27).
Tras esta cita o Condes de Albarei prepara xa o que será, previsiblemente, o único encontro amigable do verán no Pavillón Municipal dos Deportes como presentación ante a súa afección, o vindeiro sábado 19 de agosto ante o propio ABC Braga, campión da Taça de Portugal.
Relacionadas:
-
Dobre derrota do Teucro no Rosal no test máis serio da pretempada
Por Redacción |
-
O Teucro preséntase ante a súa afección cunha vitoria para o optimismo (33-31)
Por Redacción |
-
Cara onde mira un xogador de balonmán cando lanza un penalti?
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O arxentino Andrés Moyano, último reforzo do Teucro no seu regreso a Asobal
Por Alejandro Espiño |
-
Zamora, primeiro rival do Teucro nunha Liga Asobal que arrancará o 9 de setembro
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Os laterais da SD Teucro refórzanse con Yoan Balázquez e Bruno de Castro
Por Alejandro Espiño |