Recta final para o torneo internacional Cidade de Pontevedra de xadrez
Por Redacción
A quinta edición do torneo internacional Cidade de Pontevedra de xadrez entrou na recta final. A falta de dúas roldas, hai tres favoritos ao triunfo final: os Grandes Mestres rusos, Burmakin e Yuffa e ao Mestre Internacional galego, Diego Espiñeira, que encabezan a clasificación con 6 puntos de 7 posibles.
Espiñeira meteuse entre os mellores tras unha magnífica xornada na que derrotou na rolda matinal ao portugués Padeiron e na sesión de tarde ao Gran Mestre búlgaro, Vladimir Petkov.
A medio punto, no pelotón perseguidor, sete xogadores esperan poder dar caza aínda aos tres destacados. A rusa Ambartsumova, invicta no torneo, comparte grupo con Strikovic, Burak, Oratovsky, Misa e os españois Huerga e Lillo Castany.
Con respecto á participación galega, o abandono da competición de Manuel Pena foi a nota negativa da xornada. O xogador da Escola Xadrez Pontevedra non chegou a disputar a rolda da mañá tras unha indisposición.
Foi un malestar transitorio froito probablemente da enorme tensión acumulada tras a súa vitoria no fortísimo torneo internacional de Andorra e o alto desgaste que lle levou a compartir o liderado en Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Gran Mestre ruso Daniil Yuffa, vencedor do V Torneo Internacional de xadrez
Por Redacción |
-
Xa está en marcha o quinto torneo internacional Cidade de Pontevedra de xadrez
Por Redacción |
-
Trinta mestres de xadrez participarán no torneo internacional Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Torneo Internacional da Escola Xadrez Pontevedra apunta alto na súa quinta edición
Por Diego Espiño |