O equipo infantil do Club de Tenis, rumbo ao Campionato de España
Por Redacción
O equipo infantil masculino do Club de Tenis Pontevedra, na súa condición de actual campión galego da categoría, representará a Galicia por segundo ano consecutivo no Campionato de España de tenis por equipos que se disputará no Club de Tenis La Salut de Barcelona.
En concreto, o torneo desenvolverase entre os días 14 e 20 de agosto.
A presenza nunha competición do máximo nivel supón un novo recoñecemento ao intenso traballo que está a realizar a escola de tenis do club.
Converteuse nun viveiro de promesas deste deporte, tal e como ratifican os títulos alcanzados nos últimos anos tanto a nivel masculino como feminino, xa sexa de forma individual ou por equipos.
O equipo pontevedrés que viaxará a Barcelona intégrano Iago Domínguez, Carlos Álvarez, Bernardo López e Pablo Alvear. O capitán é Ricardo Domínguez.