Sergio Vallejo, Adrián Sieiro e Teresa Portela estarán no Mundial de piragüismo de Praga
Por Alejandro Espiño
Tres padeeiros pontevedreses lograron este xoves a súa clasificación para o Mundial de piragüismo que, na súa modalidade sprint, celebrarase do 23 ao 27 de agosto na localidade checa de Racice.
Conseguírono no control selectivo que tivo lugar no encoro asturiano de Trasona.
Sergio Vallejo e Adrián Sieiro foron os primeiros en conseguilo. A parella do Piragüismo Poio logrou a clasificación para o Mundial na proba de C-2 1.000 metros.
Partían como favoritos e foron os máis rápidos, ao cruzar a meta nun tempo de 03:42.468. Foron case dous segundos máis rápido que a embarcación de Mohssine Moutahir e Gonzalo Martín. Máis lonxe, a case seis segundos, quedou a parella formada por Diego Romero e Tono Campos, do Breogán O Grove, que non tiveron o seu día.
Pola súa banda, Teresa Portela (Club de Mar Ria de Aldan) competirá na proba de K-1 200 metros. No seu caso superou pola mínima á asturiana Sara Ouzande, marcando un tempo de 00:40.335, apenas dúas décimas de segundo menos que o seu principal rival.
Fóra do Mundial quedou a parella do Kayak Tudense formada por Roi Rodríguez e Rubén Millán, que non puideron con Paco Cubelos e Íñigo Peña, que serán os representantes españois no K-2 1.000 metros.
Relacionadas:
-
Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, sen fortuna no Mundial de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
Obxectivo mundial para o piragüismo pontevedrés
Por Redacción |
-
Un sexto posto no C-1 200 pecha a participación de Adrián Sieiro no Europeo
Por Redacción |
-
Esforzo sen recompensa para Adrián Sieiro e Sergio Vallejo na final europea de C-2 1.000
Por Redacción |
-
Sergio Vallejo e Adrián Sieiro, cuartos en C2 500, rozan unha nova medalla na Copa do Mundo
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, bronce na Copa del Mundo de Belgrado
Por Alejandro Espiño |