O CAB Pontevedra organiza un campus de baloncesto en Príncipe Felipe
Por Redacción
Cun campus de pretemporada, que se celebrará entre os días 28 de agosto e 1 de setembro, o Club Amigos do Baloncesto Pontevedra (CAB Pontevedra) pon inicio á tempada 2017-18.
Terá lugar nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe en horario matinal, de 9 a 14 horas.
O campus está dirixido a nenos e nenas de 4 a 14 anos, interesados na práctica do baloncesto, sexan xogadores en activo ou non o sexan.
Estas cinco xornadas estarán dedicadas ao adestramento e mellora de habilidades básicas, conceptos e preparación física en xeral no baloncesto, así como ao desenvolvemento das relacións persoais e sociais, ao traballo en equipo e ao tempo de lecer de maneira saudable, como signos de identidade do noso deporte.
O prezo do campus é de 40 euros e o prazo de inscrición está aberto ata o día 21 de agosto.
Toda a información sobre o campus e a formalización da inscrición están dispoñibles no web www.cabpontevedra.com/campus2017.