O Futsi Atlético Féminas, primeiro rival dun Poio Pescamar que retoma o luns os adestramentos
Por Redacción
O Futsi Atlético Féminas será o primeiro rival do Poio Pescamar nunha nova tempada na Primeira División, a máxima categoría de fútbol sala feminino. Ambos os conxuntos enfrontaranse no pavillón da Seca o 16 de setembro, segundo determinou o sorteo do calendario que se celebrou na Real Federación Española de Fútbol.
A primeira viaxe das poienses será a Cataluña. O 23 de setembro (xornada 2) enfrontaranse ao Penya Esplugues. Será unha semana antes de recibir de novo en Poio ao Cidade de As Burgas ourensán, o primeiro dos derbis que terán que disputar esta tempada.
Ourense (28 de outubro, xornada 7) a domicilio e Burela (18 de novembro, xornada 10) en casa serán os outros dous choques galegos da primeira volta.
O Poio Pescamar chegará ao ecuador da competición o 20 de xaneiro, visitando ao UCAM O Pozo Murcia. Será o mesmo partido, pero esta vez na Seca, que pechará a liga o 2 de xuño.
O calendario completo de competición pódese consultar nesta ligazón.
Para preparar a nova tempada, as xogadoras do club regresarán aos adestramentos o próximo 7 de agosto no pavillón da Seca.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar, preparado para o seu esixente debut ligueiro
Por Diego Espiño |
-
Xa roda o balón na Seca: Arranca a pretemporada para o Poio Pescamar
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Cidade de Pontevedra comezará a liga na casa contra o Futsi Atlético Féminas
Por Redacción |
-
Poio Pescamar apunta alto e logra a fichaxe da máxima goleadora de primeira división, Iria Saeta
Por Redacción |