Trinta mestres de xadrez participarán no torneo internacional Cidade de Pontevedra
Por Redacción
O torneo internacional Cidade de Pontevedra de xadrez xa é unha das citas de referencia no circuíto galego pero desta volta aínda máis. Unha trintena de grandes mestres participarán na súa quinta edición, que se celebrará no colexio Los Sauces entre os días 8 e 14 de agosto.
Foi presentado este xoves pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, que estivo acompañada por Pablo García Castro, director do torneo, e o gran mestre Manuel Pérez Candelario, do Club Magic Extremadura, director do campus internacional Ramón Escudeiro.
A falta de cinco días para o peche da inscrición, están inscritos xa 152 participantes chegados de todas as comunidades autónomas e de 14 países diferentes, entre eles México, Rusia, India, Turquía, Alemaña ou Portugal.
Dende a organización estímase que o evento reunirá ao redor de 180 xadrecistas. O torneo está promovido pola Escola Xadrez de Pontevedra e a Concellería de Deportes. Entre os 152 inscritos hai 30 xogadores titulados da Federación Internacional de Xadrez e deles oito son grandes mestres, dez son mestres internacionais e nove mestres FIDE.
Nesta ocasión, ademais, a organización quere incidir na participación de mulleres, hoxe en día minoría. Por elo, entre os grandes mestres que estarán no evento hai tres grandes mestras co fin de que as nenas e nenos teñan referentes femininos que rompan estereotipos no xadrez.
Relacionadas:
-
O Gran Mestre ruso Daniil Yuffa, vencedor do V Torneo Internacional de xadrez
Por Redacción |
-
Recta final para o torneo internacional Cidade de Pontevedra de xadrez
Por Redacción |
-
Xa está en marcha o quinto torneo internacional Cidade de Pontevedra de xadrez
Por Redacción |
-
O Torneo Internacional da Escola Xadrez Pontevedra apunta alto na súa quinta edición
Por Diego Espiño |
-
'Tormenta' de xadrez na Praza de España
Por Redacción & Mónica Patxot |