Un ouro e dúas pratas, colleita pontevedresa na última xornada do Mundial junior e sub-23 de piragüismo
Por Redacción
Os piragüistas pontevedreses pecharon a súa notable participación no campionato do Mundo junior e sub-23 de Pitesti (Romanía) cunha medalla de ouro, a que logrou Pablo Graña en C-1 200 metros; e con dúas pratas, a de María Pérez e Antía Jácome en C-2 200 metros e a de Camila Morison en K-2 500 metros.
Pablo Graña (Club Náutico Rodeira) proclamouse campión mundial na proba junior de C-1 200 metros nunha axustada final, cun tempo de 00:42.316, superando en tan só 60 milésimas de segundo ao ucraíno Denys Filatov.
Con este resultado, Graña refaise do mal grolo que supuxo o cuarto posto conseguido o sábado xunto o seu compañeiro Noel Domínguez (Breogán do Grove), quedando a tan só 160 milésimas de conseguir o bronce na proba de C-2 1.000 metros.
Pola súa banda, María Pérez (Náutico O Muiño) e Antía Jácome (E.P.Cidade de Pontevedra) conseguiron a medalla de prata no C-2 200 metros xuvenil, entrando en meta medio segundo despois das serbias Nikolina Mijuskovic e Nikolina Milic, vencedoras cun tempo de 00:46.020.
A padeeira do Náutico de Pontecesures, Camila Morison, conseguiu a medalla de prata na proba de K-2 500 metros formando parella con Laia Pelach nunha axustada final, cun tempo de 1:42.520, a tan só 204 milésimas da embarcación de Polonia.
María Pérez e Antía Jácome, na súa segunda final do día, terminaron en sétima posición do C-2 500 metros xuvenil e Carolina García (E.P. Cidade de Pontevedra) foi novena na final do K-1 500 metros xuvenil.
Relacionadas:
-
Pontevedra, berce de medallistas mundiais
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, campioa de España de novas promesas
Por Redacción |
-
Carolina García e Carla Frieiro, prata en K-4 500 metros no Mundial júnior de piragüismo
Por Redacción |
-
Tres novos barcos pontevedreses, ás finais do Europeo junior e sub-23 de piragüismo
Por Redacción |
-
Notable estrea dos piragüistas pontevedreses no Mundial junior e sub-23 de Romanía
Por Alejandro Espiño |