A alero Charles Chantel ficha polo CB Arxil
Por Redacción
O CB Arxil segue a reforzarse para a próxima tempada. Nas últimas horas, o club pontevedrés confirmou a fichaxe de Charles Chantel, xogadora de nacionalidade británica, de 23 anos de idade e 1,77 metros de altura. Procede do Batalyaws de Badaxoz e anteriormente xogara na liga universitaria feminina de Estados Unidos con Maine.
Ocupa o posto de alero e no seu historial destaca que logrou ser medalla de bronce no campionato académico-atleta. ademais de xogar coa selección de Inglaterra sub-16 nos Campionatos de Europa de 2009 e 2010, ademais de formar parte da selección a sub-18 no Campionato europeo de 2011.
Tamén estivo convocada coa selección absoluta do seu país.
Chantel é unha xogadora rápida nas transicións e conta cunha gran visión de xogo, ademais de ofrecer unha porcentaxe elevada de acertos no tiro exterior. Na súa última tempada co Batalyaws de Badaxoz anotou 214 puntos en 26 partidos.
Relacionadas:
-
O Arxil, á espera de Tatiana Mosquera
Por Redacción |
-
Pretempada definida no Club Baloncesto Arxil
Por Redacción |
-
Noa Casalderrey, outra xogadora da casa para o primeiro equipo do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil ata a continuidade de Aldara Vázquez por unha tempada máis
Por Redacción |
-
Ana Román, renovada nun Arxil que avanza para pechar o plantel da próxima tempada
Por Redacción |
-
O Arxil comezará a liga na casa fronte o Siglo XXI catalá
Por Redacción |
-
Renovación no Arxil, que acorda a continuidade de Cristina Díaz-Pache
Por Redacción |