Deporte para todas as idades na quinta edición da carreira popular Carneiro ó Espeto
Por Redacción
A Festa do Carneiro ao Espeto é moito máis que unha celebración gastronómica, e un ano máis se encarga de demostralo o Clube Atletismo +9 Moraña.
O vindeiro domingo, 23 de xullo, terá lugar a quinta edición da Carreira Popular Carneiro ó Espeto.
Será unha proba popular de 10.000 metros de lonxitude que se disputará nun circuíto polas rúas do centro da localidade pensado para que sexa "apto para calquera veciño ou veciña·", recoñeceu na presentación da carreira a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro.
O pistoletazo á xornada deportiva darano ás 10:30 horas os atletas infantís e cadetes, mentres a carreira absoluta disputarase ás 11:00 horas.
O prezo da inscrición senior (www.emesports.es) é de 6 euros, coa posibilidade de reservar un menú do corredor para degustar o tradicional 'carneiro ó espeto'.
A carreira contará cunha vertente solidaria ao organizar paralelamente unha recollida de alimentos, para a que se solicita a colaboración de deportistas e veciños.