A Federación exclúe ao Peixe Galego da LEB Prata
Por Redacción
Como un xerro de auga. Así caeu en Marín a decisión da Federación Española de Baloncesto de non admitir a inscrición do Peixe Galego na Liga LEB Prata, categoría na que tiña os seus dereitos deportivos tras o descenso a pasada campaña desde LEB Ouro.
A Comisión Delegada do ente federativo non aceptou como válida a documentación presentada polo club marinense, excluíndoo da competición xunto a outro equipo da liga, o Zornotza vasco.
A decisión do órgano reitor do baloncesto nacional débese ao que entende como defectos de forma no pago da inscrición e na presentación do requirido aval bancario. Isto supoñía o desembolso de 20.000 euros pola inscrición (dos que 10.000 tiñan que ser abonados neste prazo) e 54.000 euros de aval.
O Peixe Galego non está conforme coa decisión ao entender que "dicha documentación ha sido debidamente presentada", polo que xa se puxeron en contacto coa Federación Española e aseguran que defenderán os seus intereses para xogar na categoría que, por dereito, lles corresponde.
A través dun breve comunicado, o club recoñeceu que espera "que se rectifique la decisión conforme a nuestros intereses".
Relacionadas:
-
O Peixe Galego tramita a súa inscrición na Liga EBA
Por Diego Espiño |
-
O Consello Superior de Deportes rexeita o recurso do Peixe Galego, que queda fóra da LEB Prata
Por Diego Espiño |
-
Renuncia á Copa Galicia dun Peixe Galego que segue á espera do CSD
Por Redacción |
-
O baloncesto galego pecha filas para esixir a inscrición do Marín Peixe Galego na LEB Prata
Por Alejandro Espiño |
-
Despedida coa cabeza alta do Peixe Galego fronte ao campión Gipuzkoa Basket (90-98)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego vende cara a súa derrota pero cae ante o Prat (76-84) e consuma o seu descenso
Por Diego Espiño & Diego Torrado |