Todo a punto para "a festa do basket": Comeza a Vilagarcía Basket Cup
Por Alejandro Espiño & Aitana Vidal
A XVIII edición da Vilagarcia Basket Cup quenta motores. Un cento de equipos desde a categoría benxamín ata a júnior, tanto a nivel masculino como feminino, tomarán parte nesta festa do baloncesto. Un torneo que foi presentado oficialmente este martes e que como vén sendo habitual disputarase no Recinto Ferial de Fexdega durante a Semana Santa. Concretamente entre o 28 e o 30 de marzo.
Nesta ocasión, a Vilagarcia Basket Cup preséntase cun lema claro: A party do basket. ÿ, segundo os seus organizadores "un exemplo claro do que é o noso torneo, unha festa do baloncesto de formación onde se prima a convivencia, as actividades paralelas e o goce familiar por encima da rivalidade deportiva".
Debido aos recortes presupuestarios, o torneo repetirá o formato da pasada edición, sen torneo internacional sub 20 e centrándose en campionatos de categorías base, algúns deles non competitivos. Un aspecto que destacou na presentación o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, que cualificou á Vilagarcia Basket Cup como "un dos grandes acontecementos deportivos do ano en Galicia".
Lete Lasa apuntou que "non é fácil chegar a dezaoito edicións", e resaltou que a programación responde "organizativa e competitivamente, á esixencia que este deporte require, e cun nivel de profesionalidade á altura do que xa é a Vilagarcía Basket Cup".
Nas instalacións de Fexdega, crearanse oito campos de minibasket para a xornada matinal do xoves de cara a celebración do torneo no apartado de benxamíns. Á conclusión desta categoría, serán seis as canchas que se formarán en Fexdega co fin de desenvolver unha actividade frenética de encontros en todas as categorías de formación do baloncesto de forma igualitaria entre o masculino e o feminino.
Un formato novo en dúas categorías, benxamín e alevín, creando un torneo menos multitudinario pero máis cualificado e con marcadores e resultados, é unha nova transformación dunha Basket Cup 2013 que sempre se renova en busca de alicientes positivos para todos aqueles que acoden a Vilagarcía.