Bota a andar o Pontevedra con once caras novas, dúas fichaxes pendentes e o play-off como obxectivo
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot
Presentación das caras novas e primeiro adestramento do curso ligueiro 2017/2018 para o Pontevedra de Lupe Murillo e Luisito. Pasarón foi o escenario elixido para botar a andar nunha tempada marcada pola ilusión, a renovación case total do plantel e o obxectivo, non expresado explicitamente, pero admitido de forma tácita pola presidenta, de repetir a clasificación para o play-off de ascenso.
A presidenta granate foi clara cando na sala de prensa, acompañada de Roberto Feáns, responsable deportivo dentro do consello de administración, e dos once fichaxes realizados ata o momento, indicou: "Esperamos conseguir una posición similar a la de la temporada pasada, con el objetivo de intentar superarnos un poquito", para afirmar logo con rotundidade que "más pronto que tarde llegaremos a la liga profesional. No sé cuánto tardará, pero lo haremos".
Logo foi a quenda para as once caras novas que ata o momento incorporáronse á disciplina granate. Un a un fóronse presentando Jon Etxániz, Marcos Álvarez, Víctor Mongil, Jimmy, Adrián León, David Goldar, David Castro, Miguel Ángel Muñoz, Carlos Ramos, Anxo Pérez e Jorge Hernández.
A presidenta indicou, a preguntas dos xornalistas, que o orzamento destinado ao primeiro persoal nesta tempada superará en 90.000 euros ao investido na tempada anterior, para pechar a primeira parte dunha tarde intensa Roberto Feáns, quen anunciou que co primeiro equipo realizarán tamén a pretemporada dous xogadores do filial e outros dous xuvenís, sendo os elixidos Antón, Lezcano, Garrido e Iñaki, aínda que este último non puido comezar os adestramentos por unha inoportuna indisposición.
Ademais, Luisito terá que avaliar a Miguel Filipe Dos Santos, porteiro portugués, procedente do AC Setúbal, que estará a proba nestes primeiros días dunha pretemporada que terá como marco os campos de Cambados, Moraña e Pasarón.
Seguidamente, ás seis da tarde e ante preto dun centenar de afeccionados, saltaron ao céspede todos os xogadores citados, xunto cos sete que permanecen da tempada anterior: Bruno Rivada, Edu Sousa, Mouriño, Kevin Presa, Álex Fernández, David Añón e Álex González, que completan os 18 que polo momento conforman o plantel e aos que se unirán dúas fichaxes pendentes, un centrocampista e un dianteiro, segundo confirmou Roberto Feáns, que chegarán antes do comezo do campionato de liga.
Relacionadas:
-
Celta B, Bouzas e Cerceda, arranque galego para o Pontevedra nun novo ano na Segunda B
Por Alejandro Espiño |
-
O LVIII Trofeo Luís Otero ante o Deportivo, primeira ocasión para ver en acción ao Pontevedra 2017/2018
Por Diego Espiño |
-
Prosi, ambicioso no seu primeiro día como granate: "Llego con la expectativa clara de subir a Segunda"
Por Diego Espiño |
-
O Sporting de Xixón, segundo prato forte na pretempada do Pontevedra
Por Redacción |
-
O Pontevedra, a un paso de pechar o seu plantel coa incorporación de Diego Álvarez 'Prosi'
Por Alejandro Espiño |
-
Os xogadores do Pontevedra CF, a exame médico
Por Redacción |
-
O Pontevedra desvela por sorpresa a súa campaña de socios, na que mantén prezos
Por Diego Espiño |
-
A pretempada granate empeza a concretar datas e rivais
Por Redacción |
-
Dobre fichaxe no Pontevedra, que se fai cos servizos de Miguel Ángel e Carlos Ramos
Por Diego Espiño |
-
Acordo con Bruno Rivada para a súa renovación
Por Diego Espiño |
-
David Goldar, reforzo do Pontevedra para o eixo central da defensa
Por Diego Espiño |