Davor Cutura clausura a sétima edición do seu campus de balonmán
Por Redacción
Por sétimo ano consecutivo o xogador serbio Davor Cutura elixiu Pontevedra para celebrar o seu campus de balonmán.
Ata 70 nenos e nenas gozaron adestrando e aprendendo con grandes profesionais deste deporte.
Foi así porque ao longo das xornadas do campus recibiron visitas ilustres, como as do internacional serbio Dalibor Cutura, irmán de Davor, a xogadora do Atlético Guardés Estela Doiro ou o capitán do Ademar de León, Diego Piñeiro.
Tamén pasaron polo campus técnicos de prestixio como Jota González, adestrador do Naturhouse La Rioja, ou Roi Sánchez, expreparador de TSV Hannover e agora nas filas do filial do FC Barcelona.
O propio Davor Cutura, xunto a Nano Martínez e a exinternacional Begoña Fernández, coordinaron a sétima edición deste campus de balonmán.