Lucía Vázquez e Mauro González reinan no espectáculo do BTT 'Eliminator'
Por Redacción
Figueirido foi escenariuo a fin de semana do primeiro Campionato Galego de Cros Country Eliminator (XCE), unha modalidade que destacou pola súa vistosidade e emoción.
O Club Ciclista Val do Ulló e a Federación Galega de Ciclismo, co apoio do do Concello de Vilaboa e da Deputación de Pontevedra, encargáronse da estrea da proba, que contou con claro acento local grazas a Lucía Vázquez, campioa da categoría feminina.
Lucía, que lograra a medalla de prata nacional en 2014 nesta modalidade, non o tivo sinxelo ante rivais como Desiree Duarte (Condado Bike) e Irene Trabazo (Marín - Ottoman), que marcaron mellor tempo na rolda clasificatoria. Completaba a final a junior Sara Trigo (Salvaterra).
"Foi unha loita axustada ata o final e demos un bo espectáculo", sinalou a biker de Vilaboa tras impoñerse, por esta orde a Duarte, Trabazo e Trigo.
Pola súa banda na competición masculina o gañador foi Mauro González, que marcou o mellor rexistro xa na crono clasificatoria seguido de Samuel González, Alberto Pedreira e Manuel Parada, unha orde que se mantería na batalla final.
A próxima cita co BTT Eliminator será o Campionato de España en Valencia, para o que se clasificaron os vencedores en Vilaboa.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez renuncia ao resto da tempada por lesión
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez, segunda na Copa de Portugal XCM tras o seu bo resultado en Seia
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez, terceira no descenso urbano de Sarria
Por Redacción |
-
Figueirido, escenario do primeiro Campionato Galego de BTT 'Eliminator'
Por Diego Espiño |
-
Lucía Vázquez e Manuel Parada, vencedores no Open Galicia de XCO de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Unha fin de semana redonda para a biker Lucía Vázquez
Por Redacción |