Incremento da subvención municipal á SCD Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas rubricou un novo convenio de colaboración coa Sociedade Cultural Deportiva Ponte Caldelas para financias a actividade da escola municipal de fútbol nas instalacións de Chan da Barcia.
O acordo establece unha axuda económica de 25.000 euros para a presente anualidade.
Esta cifra supón 3.000 euros máis que o pasado ano, que se xustifica polos gastos derivados da recente creación do equipo feminino.
Ademais deste convenio, o goberno local investiu nos dous últimos anos en dotacións como a mellora do peche, a cuberta do bar, a rede perimetral, novos cadros eléctricos ou a reparación das placas solares que garanten a subministración de auga quente.
Doutra banda o Concello, asegura, reuniu información técnica dos custos que supoñerá a renovación completa do céspede sintético de Chan da Barcia, deteriorado tras máis de 10 anos de uso intensivo.