Lucía Vázquez e Manuel Parada, vencedores no Open Galicia de XCO de Sanxenxo
Por Redacción
Por primeira vez o Open de Galicia de BTT na modalidade de Cros Country Olímpico (XCO) aterrou en Canelas co III XCO Concello de Sanxenxo, e fíxoo cunha xornada de sol e calor na que non fallaron os grandes favoritos.
Lucía Vázquez (ProRebordosa) foi a vencedora na categoría feminina. Impúxose con solvencia cun tempo de 1:28:09, avantaxando en 1:45 á ciclista marinense Irene Trabazo, de categoría sub-23, e en 8:38 á elite Diana Blanco nunha proba na que non estaba a campioa visrtual do certame, Nuria Senra.
"Un circuitazo con vistas paradisíacas", recoñeceu a ciclista de Vilaboa tras a proba, e é que se habilitou para a ocasión un percorrido de 5,8 quilómetros con saída e chegada na punta de Cambicastro, xunto á praia de Canelas.
Pola súa banda na categoría masculina o vencedor foi Manuel Parada (Barbanzabike), con dous minutos de vantaxe sobre o sub-23 Samuel González e 2:48 o elite Fernando Guerra.
En Sanxenxo tres corredores garantiron o triunfo final nos seus ránkings. Raúl Carracedo (Academia Postala - Actyon - MMR) sentenciou a clasificación sub-23; Iván Pereira (Barbanzabike) a máster-30 e José Ramón Castelo (Castro Barbudo) a máster-50/60.
Na proba, organizada polo Team Corbelo co apoio do Concello de Sanxenxo, participaron un cento de ciclistas.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez, segunda na Copa de Portugal XCM tras o seu bo resultado en Seia
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez, terceira no descenso urbano de Sarria
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez e Mauro González reinan no espectáculo do BTT 'Eliminator'
Por Redacción |
-
Figueirido, escenario do primeiro Campionato Galego de BTT 'Eliminator'
Por Diego Espiño |
-
Unha fin de semana redonda para a biker Lucía Vázquez
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez e Manuel Parada vencen na estrea de BTT-XC Ría de Marín
Por Redacción |
-
Manuel Pellón e Lucía Vázquez, reis galegos do descenso en BTT
Por Redacción |