Emocionante vitoria de Pablo Dapena na media distancia do triatlón de Vitoria
Por Alejandro Espiño
No medio dunha gran ovación por parte do público e moi emocionado pola vitoria. Así cruzou a meta o pontevedrés Pablo Dapena, que este domingo proclamouse campión na media distancia do tríatlon de Vitoria-Gasteiz, unha das probas máis importantes de todo o calendario nacional.
Dapena, tras o seu segundo posto en 2016, quería saldar esa débeda pendente con esta proba e logrouno con fartura, encabezando a carreira desde o principio.
Saíu da auga na primeira posición e, tras imprimir un altísimo ritmo tanto no sector ciclista como na carreira a pé, logrou aumentar a súa vantaxe e completar a proba cun tempo de 3 horas, 53 minutos e 5 segundos, con máis de sete minutos de vantaxe sobre o seu principal rival.
O mallorquino Miguel Ángel Fidalgo, gañador o pasado ano desta esixente proba, foi quen acompañou ao pontevedrés no podio como segundo clasificado, ao terminar a proba en 4 horas e 24 segundos. Terceiro foi Víctor del Corral, que necesitou 4 horas, 2 minutos e 35 segundos para chegar á meta.
Emocionante llegada a la meta de #VitoriaGasteiz de Pablo Dapena, ganador half de #Trivitoria2017 Zorionak irabazleari!!! pic.twitter.com/AREUWWzBqq
— Vitoria-Gasteiz! (@vitoriagasteiz) 9 de julio de 2017
Tras cruzar a liña de meta, Dapena agradeceu o apoio que lle brindou o público durante as catro horas de carreira e destacou que "xa o ano pasado foi a primeira vez que empecei a media distancia e quedei segundo, e hoxe quedei primeiro no tríatlon que máis ilusión me fai".
A media distancia do tríatlon de Vitoria-Gasteiz é unha proba que disputou sobre 1,9 quilómetros de natación, 94 quilómetros en bicicleta e 21 quilómetros de carreira a pé polo centro histórico da capital vasca.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena, entre os favoritos en Eivissa no Campionato de España de Longa Distancia
Por Diego Espiño |
-
Caloroso recibimento a Pablo Dapena tras a súa decepción mundialista
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, descualificado cando rodaba en boa posición no Mundial de Longa Distancia
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, cuarto no Campionato de España de Tríatlon Sprint
Por Redacción |
-
Pablo Dapena e Saleta Castro, campións galegos de tríatlon sen drafting
Por Redacción |
-
Pablo Dapena proclámase subcampión de España de tríatlon de media distancia
Por Redacción |
-
Pablo Dapena, subcampión galego de dúatlon en estrada
Por Redacción |