Leonel Coutinho estrea o palmarés do Gran Premio Cidade de Pontevedra
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz levou o triunfo na categoría elite do primeiro Gran Premio Rogelio Acuña Cidade de Pontevedra de ciclismo.
Leonel Coutinho foi o protagonista da circuitada, ao gañar na proba de fondo, na eliminación e na xeral, despois dun notable traballo do seu equipo controlando a carreira.
Desde as 16:00 horas o ciclismo fíxose co centro da cidade e fíxose notar nos 1,8 quilómetros de circuíto con meta na Praza de España.
Primeiro foi quenda das categorías inferiores, con carreira cadete, xuvenil e de escolas para concluír, ao redor das 19:00, coa categorías elite e sub-23.
O Gran Premio Cidade de Pontevedra foi organizado polo Club Ciclista Farto.