Joselyn Brea e Antonio Benito desafían á calor e vencen no Tríatlon Concello de Poio
Por Redacción & Diego Torrado
O mellor do tríatlon galego xuntouse este sábado en Campelo para participar na sétima edición do Tríatlon Concello de Poio, unha proba na que venceron Antonio Benito e Joselyn Brea, nas probas masculina e feminina respectivamente.
Ambos eran os dous principais favoritos ao triunfo e cumpriron cos prognósticos.
Joselyn Brea e a arxentina Delfina Orlandini saíron xuntas da auga, pero a arxentina logrou escaparse na bicicleta, na que Joselyn tivo algunha molestia. Así, chegou a transición con máis de un minuto de vantaxe, pero a carreira a pe se lle fixo imposible para Orlandini.
Era un circuíto moi duro, con fortes pendentes, e antes da primeira volta, Joselyn xa estaba en cabeza para lograr un cómodo triunfo cun tempo de 1:05:07. A segunda posición foi para a pequena da familia Brea, Edymar, que tamén estivo moi ben colocada e chegou a meta cun tempo de 1:06:32. O terceiro posto foi para Nerea García.
Na categoría masculina, tampouco houbo sorpresas. Os dous internacionais Antonio Benito e Ricardo Hernández amosaron a súa condición de favoritos, ocupando as primeiras posicións dende a natación. Marcharon destacados durante o segmento de bicicleta o que lles permitiu economizar forzas na carreira a pé, para entrar en meta da man.
A primeira posición foi para Antonio Benito cun tempo de 57:04, mentres que segundo foi Ricardo Hernández co mesmo crono. Ismael López foi terceiro cun tempo de 58:32.
O Tríatlon Concello de Poio, que contaba cunha proba federada e outra popular, tivo unha participación de 250 triatletas.