Marín decide o título na Copa de España de ciclismo feminino
Por Redacción
Por terceiro ano consecutivo Marín vivirá a emoción da Copa de España de ciclismo feminino en ruta, no que será o III Trofeo Ría de Marín.
A proba servirá de desenlace da competición nas categorías elite e sub-23 na que Mavi García (Bizkaia-Durango) defende a camisola amarela con 33 puntos de vantaxe sobre Alicia González (Lointek) e 54 sobre Eider Merino (Lointek).
Xa se coñece a gañadora na categoría junior, en favor de Sara Martín (Sopela-Ugraga).
A de Marín será a novena proba puntuable e a máis dura en canto a percorrido, con saída ás 14:00 horas para afrontar 120 quilómetros con seis portos puntuables, os dous últimos de primeira categoría xa que a ascensión final será o esixente Lago de Castiñeiras.
As ciclistas junior incorporaranse á carreira no quilómetros 47, quedando reducida a súa competición a 73 quilómetros.
Tras a saída de Marín, cun primeiro tramo de ligazón, daranse catro voltas a un circuíto de 21,2 km, con sendas metas volantes puntuables nos pasos por Marín e o mesmo número de ascensións ao Alto do Castro (terceira). Con todo o tramo selectivo serán o últimos vinte quilómetros, no que ademais de Castiñeiras está situado o alto de Pastoriza.
TROFEO VIRXE DO CARME
O fin de semana ciclista en Marín completarase o domingo coa XXXV edición do Trofeo Virxe do Carme desde as 9:30 horas, cando arrincará a competición master masculina puntuable para a Copa Galicia e tamén a junior. Pola súa banda ás 11:30 horas será tueno da categoría feminina.