A piscina de Pontemuíños, lista para acoller a gran cita da natación galega
Por Diego Espiño
Pontevedra converterase unha vez máis en centro de atención da natación autonómica coa celebración do Campionato Galego Absoluto, Junior e Infantil de verán.
A piscina olímpica de Pontemuíños será sede dun campionato que se desenvolverá durante catro xornadas, desde este xoves 6 de xullo ata o domingo día 9.
Un total de 425 nadadores e nadadoras de 27 clubs galegos danse cita na competición, sendo o máis numeroso en representación o anfitrión, o Club Natación Galaico, con 38 deportistas entre os que destacan a olímpica Bea Gómez Cortés e a flamante tripla subcampioa de Europa junior Águeda Cons.
As xornadas de competición dividiranse cada unha delas en eliminatorias (desde as 9:30 horas) e finais (a partir das 17:30 horas).
Unha cita na que o Galaico aspira a manter a súa condición de mellor club galego e que servirá de pedra de toque para os inminentes campionatos de España de verán.
A entrada para o público será de balde durante toda a competición.
Relacionadas:
-
A natación galega é cousa do Galaico
Por Redacción |
-
Entretido arranque do Campionato Galego de natación en Pontemuíños
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- Cálido recibimento a Águeda Cons tras as súas tres medallas no Europeo Junior de natación
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Tres de tres! Águeda Cons consegue no 1.500 a súa terceira medalla de prata no Europeo Junior de natación
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons brilla con luz propia en Israel e logra a súa segunda medalla no Europeo Junior
Por Diego Espiño |