Raxó estrea carreira de acuatlón como Campionato Galego da especialidade
Por Redacción
A primeira edición do Acuatlón Concello de Poio estréase este domingo 2 de xullo ao grande, como Campionato Galego da especialidade.
Máis de 300 deportistas participán na competición, que se desenvolverá nas inmediacións da praia de Xiorto e do porto de Raxó.
Organizada polo Club Ciclismo Tríatlon Poio, a proba contará con carreiras nas categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, junior, absoluta e de veteranos.
As distancias do acuatlón, na que se combina a natación coa carreira a pé, varían en función da categoría, estando a proba absoluta composta por un percorrido de 1.000 metros a nado e 5.000 metros de carreira.
A competición iniciarase ás 11:00 horas do domingo coa categoría benxamín e finalizará tras a proba absoluta, fixada para as 13:00 horas.
Con motivo do acuatlón, o tráfico na zona portuaria de Raxó quedará pechado de 10:30 a 14:00 horas, polo que a Policía Local recomenda aparcar na zona da 'explanada'.