Os motores roxen en Marcón na primeira xornada da XX Subida Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño & Diego Torrado
A XX edición da Subida Automobilística Cidade de Pontevedra viviu este sábado a súa primeira xornada de competición con importante presenza de público na estrada de Pintos.
Os motores ruxiron con forza, pero os case 60 coches inscritos só puido completar unha pasada de adestramentos e unha das dúas mangas oficiais previstas.
A xornada viuse atrasada notablemente tras a saída de pista dun dos participantes, sen grandes concesuencias para a súa integridade física pero que obrigou a intervir aos bombeiros para asegurar a zona e limpar a calzada pola presenza de aceite.
En canto á competición en si, que se retomou cando se podía garantir a seguridade, a única manga completa ata o momento confirma como gran favorito ao triunfo a Álexis Viéitez (Buxa Motor Poio), actual campión galego e que avantaxou en 2.543 segundos a Jesús Pombo (CongosstraTeam Sanxenxo), mentres Pablo Rey (Fórmula Outeda) sitúase terceiro na xeral a case 5 segundos.
Consulta aquí a clasificación provisional da XX Subida Cidade de Pontevedra tras a súa primeira xornada.
A proba, puntuable para o Campionato Galego de Montaña, continuará este domingo desde as 9:30 horas cunha pasada de adestramento e as dúas últimas mangas oficiais.
Relacionadas:
-
Dominio absoluto de Alexis Viéitez na I Subida Cerdedo-Cotobade
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Alexis Viéitez confirma o seu dominio e adxudícase a súa terceira Subida Cidade de Pontevedra consecutiva
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Cita para os afeccionados ao motor coa XX edición da Subida Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño |