Roi Bouzas derruba unha nova barreira e sobe ao podio o Campionato de España de ximnasia rítmica
Por Redacción
Gran resultado do marinense Roi Bouzas no Campionato de España de Ximnasia Rítmica celebrado en Valencia.
O novo ximnasta do Club In Mare, de só 8 anos de idade, parece non ter teito e na súa primeira participción nun Nacional conseguiu subir ao podio.
Bouzas, que acudía á cita con gran ilusión como flamante campión galego masculino, foi terceiro nos exercicios de cordas e mans libres.
Ademais do pequeno marinense, acudiron representado a Galicia deportistas do Ximnasia Porriño, Compostela e Bayo.
A expedición do Club In Mare, co propio Roi Bouzas e as súas adestradoras Sara Fernández, Mónica López e Rita Grande, gozou da experiencia convivindo con ximnastas e equipos de toda España.
Relacionadas:
-
Inicio de curso para o Club In Mare cunha 'master class' da ximnasta internacional Natalia García
Por Redacción |
-
Natalia García ofrecerá unha masterclass de ximnasia rítmica en Marín
Por Redacción |
-
Roi Bouzas, un orgullo para o Club In Mare de ximnasia rítmica
Por Redacción |
-
O Club In Mare de ximnasia rítmica destaca no Campionato Galego de Promoción
Por Redacción |
-
A ximnasia rítmica galega presume de nivel no Torneo San Xoán
Por Redacción & Diego Torrado |