O Club Baloncesto Estudiantes despide tempada cun torneo de minibasket
Por Redacción
Que mellor que despedir a tempada que organizando un torneo para os equipos de base.
É o que fixo a pasada fin de semana o Club Baloncesto Estudiantes Pontevedra coa primeira edición do seu torneo de minibasket e pre-minibasket, que puxo colofón a un ano de traballo e diversión nas diferentes categorías.
No evento tomaron parte ata 132 xogadores, ao participar clubs como o CAB Pontevedra, o Obradoiro santiagués ou o Salceda de Caselas.
Despois de cinco horas de baloncesto, e aínda que o resultado era case o de menos, proclamáronse campións o Obradoiro 'azul' en categoría alevín e o CAB masculino no premini ao gañar todos os partidos desputados.
En total xogáronse ata 19 encontros desafiando as altas temperaturas que se fixeron notar tamén no pavillón.