Vitoria da EP Ciudad de Pontevedra na Travesía Ría de Foz
Por Redacción
A Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra volveu a sumar un triunfo na Liga Galega de Ríos. Despois de ser o mellor club do recente Descenso do Miño, o club pontevedrés repetiu no alto da clasificación por equipos na LV edición da Travesía Ría de Foz.
Máis de 450 deportistas déronse cita nunha competición na que participaron 32 clubs de Galicia e Asturias.
Os padexeiros do Ciudad conseguiron un total de 11 medallas (8 ouros, 1 prata e 2 bronces) para sumar 1.392 puntos, superando na clasificación por equipos ao Club As Torres Romaría Viquinga de Catoira (1.123 puntos) e ao Club de Mar Ría de Aldán (1.024 puntos).
Os deportistas pontevedreses que conseguiron ascender todo o máis alto do podio foron para Alejandro Barcia, Raúl Ponte e Marcos Outerelo (K-2), Álvaro López e Jaime Duro (C-2), Adriana Quevedo, Sara Abilleira e Nuria Rodiño (K-2), Alba Lorenzo e Alejandra Manso (K-2), María de la Peña e Jenifer Casal.
Destacada foi tamén a proba senior de canoa individual, na que o vencedor foi Diego Romero (Breogán do Grove), segundo Damián González (Piragüismo Verducido) e terceiro o grovense Miguel Castro.
A seguinte cita da liga Galega celebrarase o próximo 24 de xuño cun novo Descenso do Miño, aínda que nesta ocasión en Ourense, cita que será á súa vez o Campionato Galego da especialidade.