VIDEO.- Cando as motos voan
Por Diego Torrado
Os mellores riders nacionais déronse cita este sábado na Praza de Touros de Pontevedra para disputar o Campionato de España de Freestyle.
Samuel Calzado, Rayco Díaz, Miguel Espada, Maikel Melero, Pedro Moreno, Pablo Sebastián Rodríguez e Dany Torres fixeron voar as súas motos no coso de San Roque.
A competición consistiu nunha primeira rolda de Freestyle por parellas, que foi eliminatoria, de 5 saltos por piloto; despois a rolda puntuable do Campionato de España con dous minutos e medio para cada un de maneira individual.
Por último, fíxose o Best Trick onde o xurado elixiu o mellor salto dos dous que fixo cada participante. O pódium e o carrusel pecharon a segunda proba do RFME Campionato de España de Freestyle.
A vitoria final foi para Maikel Melero, repetindo o triunfo que acadou na primeira proba da tempada. Pedro Moreno marchou cunha segunda posición e Abraham Parra foi tercero logrando o seu primeiro podio.