365 taekwondistas competiron en Pontevedra lograr un posto nas seleccións galegas
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez
Un total de 365 deportistas participaron o sábado 17 de xuño na sexta edición do Open Cidade do Lérez de combate, que se celebrou no Pavillón Príncipe Felipe, organizado polo Taekanart de Monte Porreiro.
O sábado pola mañá tivo lugar a competición para as categorías, infantil, precadete e absoluto, mentres que pola tarde (a partires das 15:30 horas) competiron os cadetes e júniors nos seis tapices dispostos no pavillón. En total participaron 365 taekwondistas de 30 clubs de Galicia e Portugal e 45 árbitros, 40 voluntarios, 1 médico e 1 técnico de ambulancia.
Este evento, ao que asistiron máis de 500 espectadores, forma parte do circuíto galego que outorga puntos para o ranking galego, polo que en Pontevedra estiveron os mellores deportistas, en busca deses importantes puntos para lograr un posto nas seleccións galegas.
Estes foron os resultados da competición.
Os clubes participantes foron o Gimnasio Escuela Tao, Aréa, Arte e Movemento, As Sport Vigo, Kae Sport, Kiap y Seungsport (Vigo); Boudsport (Ordes); Couto (Ourense); Escola Lucense de Taekwondo (Lugo); Escolas Deportivas Poio (Poio); Garrapucho (A Coruña); Hebe y Patiño Moaña (Moaña); Kido Sport (Sanxenxo); Kwon Betanzos (Betanzos); Mace Sport y Taekanart (Pontevedra); Mat`s (Marín); Natural Sport (Ribeira); Natural Sport Sada (Sada); Neka (Monforte); Ozono Boiro CD y Suh Sport (Boiro); Sares-TKD Cangas (Cangas); Wellness Sport (Santiago), Bunkai (Vilalba) y Club AD Grijó Portugal y Club TKD Caldas de Sao Jorge (Portugal).